Páginas

Páginas

martes, 29 de junio de 2010

¿A DEMOCRACIA ESTÁ EN RECENSIÓN? UNHA OLLADA Á TEORÍA DE HUNTINGTON

Huntington no seu libro, The third wave, (A Terceira Onda, 1991), observou mediante estudos empíricos, que no século XX, o mundo vivira tres grandes ondas democratizadoras acompañadas dunha recensión.

Con esta teoría, Huntington, quería rebater as teorías de principios de século XX onde os politólogos auguraban que o proceso democrático era inevitable, e que tarde ou cedo, os reximenes do mundo rematarían adoptándoo.

Huntington divide estas ondas en tres períodos; A primeira, entre 1828 e 1928, co posterior retroceso de 1942, cando 11 Estados sucumbiron ao fascismo e outras formas de goberno ditatorial; A segunda onda, que chegou co fin da II guerra mundial ata 1962, co seu posterior retroceso, entre os anos 1958 e 1975; e unha terceira onda, (que é a que nos interesa), que se iniciaría a mediados dos 70, coas democratizacións de España, Portugal e Grecia, e que culminaría coa caída da Unión Soviética e coa transición de varias das suas Repúblicas á democracia.

Agora Huntington fainos unha pregunta ¿Iniciouse unha onda adversa?

Datos empíricos dinnos que en 2004 se contaba con 119 democracias no mundo, (vén a supoñer que un 44% da poboación mundial vive baixo un réxime democrático), e que esta tendencia, en principio, esta á alza.

A miña opinión persoal é que as democracias non se deben descoidarse nun dos momentos económicos máis débiles da historia..

Penso que é agora, cando a lealdade democrática dos partidos debería demostrarse, e non ceder ante a sede de poder. É agora, cando os partidos deben arrimar o ombro para saír da crise, (non falo de só de España senón a nivel mundial). Datos científicos demostran que a tendencia en épocas de crise económica, é a suba de grupos políticos radicais de extrema-dereita, ou extrema-esquerda, que teñen o seu cultivo nas frustracións da sociedade (racismo, exacerbado nacionalismo, populismo...), casos como Italia, Francia, Holanda, Austria, Bélxica deberían de advertirnos do perigo.

Os partidos democráticos deberían de coidar isto, e traballar para que os tempos de bonanza volvan outra vez. A economía aínda que non é un factor decisivo, (Ex: Bahrein) é un elemento que "pode propiciar" a democracia, e agora é cando máis se debe estar unidos, e non atender a falsos profetas, caer na desidia política ou o rancor.

Todos, (e falo a nivel mundial), deben remar no mesmo sentido, pois ao mellor fan boa a teoría da terceira onda... e isto será un desastre de proporcións descoñecidas...

4 comentarios:

  1. Demasiado dramatismo, no crees?, yo pienso que debemos de empezar dejar de pensar en políticas de color, es decir, debemos de pensar que ahora la derecha y la izquierda no existe, solo que queramos mantenerla, es decir:
    Un país con menos de un 10% de patrones y el resto trabajadores, o un país donde cada uno puede ser dueño y señor de su empresa, donde los patrones son trabajadores,y donde las políticas bien hechas les beneficia a todos.
    Pienso que tiene razón es cuando se crece el fanatismo y donde aparecen profetas por todos lados.
    Pero nosotros no sabemos pensar por nosotros mismos, y analizar lo que es bueno o malo... Pero que no vengan cuatro mangantes a decirnos que es lo mejor para nosotros y como son de un lado o otro ya decimos que es bueno o malo, según el color de sus siglas....

    ResponderEliminar
  2. Síntoo Sara pero non estou de acordo co teu comentario. Sí existen políticas de dereitas, (Demócratas liberais), e de esquerdas, (Social demócratas), cada unha delas, escúdase nuns principios propios, (a groso modo, sinalar que un dos máis importantes é o da liberdade económica e persoal), se ben, te dou a razón en que a tendencia do mercado, e a globalización, favorece ás políticas neoliberais (pero isto é outro debate). Con este articulo, expoño unha teoría que ten unha base empírica, onde podemos apreciar que se nos pode augurar un retroceso das democracias a nivel mundial, (quizais non en seo Europa pero se noutros lugares, Ex.: Rusia), pero ben é certo, que en ciencia política, non existen as teorías parsimoniosas, e isto pode non verse cumprido. Un saúdo e grazas polo teu comentario.

    ResponderEliminar
  3. Demasiado complejo para mí, los políticos son 90% militantes desde su pubertad, cosa que hace que vivan en una burbuja, y no sepan lo que es ganar una nomina, no sepan lo que es vida de diario, y por esto todo, son personas ajenas a la vida cotidiana.

    ResponderEliminar
  4. Eh impresionante que esto fuera escrito hace un año?

    ResponderEliminar