Huntington no seu libro, The third wave, (A Terceira Onda, 1991), observou mediante estudos empíricos, que no século XX, o mundo vivira tres grandes ondas democratizadoras acompañadas dunha recensión.
Con esta teoría, Huntington, quería rebater as teorías de principios de século XX onde os politólogos auguraban que o proceso democrático era inevitable, e que tarde ou cedo, os reximenes do mundo rematarían adoptándoo.
Huntington divide estas ondas en tres períodos; A primeira, entre 1828 e 1928, co posterior retroceso de 1942, cando 11 Estados sucumbiron ao fascismo e outras formas de goberno ditatorial; A segunda onda, que chegou co fin da II guerra mundial ata 1962, co seu posterior retroceso, entre os anos 1958 e 1975; e unha terceira onda, (que é a que nos interesa), que se iniciaría a mediados dos 70, coas democratizacións de España, Portugal e Grecia, e que culminaría coa caída da Unión Soviética e coa transición de varias das suas Repúblicas á democracia.
Agora Huntington fainos unha pregunta ¿Iniciouse unha onda adversa?
Datos empíricos dinnos que en 2004 se contaba con 119 democracias no mundo, (vén a supoñer que un 44% da poboación mundial vive baixo un réxime democrático), e que esta tendencia, en principio, esta á alza.