miércoles, 7 de octubre de 2009

En apoio á apostasía


Bo día

Son cristián. Si, e como cristián e practicante digo o seguinte: "Non quero á igrexa católica".

Por varias razóns.

1.- Primeiramente, porque entenden o que lles da a gana. E é certo, estes iluminados de Deus critican aos testemuños de Jeová por ler a biblia ao pé da letra cando eles fan o mesmo.

Un exemplo, o divorcio. Na época de Xesús, repudiar á túa muller por vella, a cal acababa abandonada e na rúa, e irse con outra máis nova era habitual. Pois ben, Xesús criticou isto dicindo que era o mesmo engano casar con outro despois de repudiar que antes. Que gran verdade!

Que entende a igrexa? Que colleu Xesús e fixo do matrimonio algo tan sumamento ríxido que é pecado o divocio de mutuo acordo.

2.- O punto anterior é máis gordo cando contamos que da Biblia excluíronse libros por fantasiosos, nos que sucedían cousas como que María tiña sede, e unha palmeira axeaonllábase para darlle un coco, no que o divertimento de xesús era dar vida a paxaros de barro ou que matou un neno por meterse con el. Estes chámanse apócrifos.

Agora, os que entraron na biblia, en moitos casos se lles nega o simbolismo. Agora o inferno existe, cando o anterior papa dixera que era un sitio teolóxico (cando a túa vida se rixe por valores contrarios a cristo, a túa vida será triste e baleira, cousa que me parece coherente). Agora seica é real e eterno.

3.- Porque usan unha explicación nociva e simplista. Cando un matrimonio está mal, é porque "no está Dios en el". Xa non vale con estar mal pola situación familiar que aínda te tes que sentir culpable pola túa falta de fe. O mesmo pasa con cousas como as depresións, ao ser pola falta de Deus, a persoa é aínda máis culpable que o que xa se sinte.

4.- E en relación co anterior. Fronte o modelo de responsabilidade, está o de culpabilidade. Por todo debes sentirte culpable, a culpa é a base de todo. Tanto, que se non te sintes culpable e que non estás en contacto con Deus.

Esquece o valor do sacramento do perdón (que agora se converteu en, confiesa, síntete mal e reza para compensar) de que era realmente o valor de sentirse perdoado por Deus.

5.- Instauración do carné por puntos. O que importa non é vivir a túa vida en coherencia cunha fe, senón rezar o rosario e ir a misa. Se fas iso, da igual o resto, estará ben...

6.- Organización antidemocrática. Isto está claro. A xerarquía eclesial semella a esas democracias nas que só os cidadáns (nin pobres, nin mulleres, nin escravos) tiñan dereito a voto, pero isto aínda máis agudizado.

7.- Se quedan nas formas e esquecen o fondo. A misa era un sitio de encontro da comunidade e comida común na que un discípulo relataba a súa experiencia de vida en cristo e se compartía. Agora, o feito de propoñer comulgar con pan normal parece blesfemia.

En definitiva. Se eu fose o demo, posuiría aos altos cargos eclesisiais e, como diría From, os convertería en Necrófilos (en aqueles que respetando as normas, esquecen os obxectivos) para que esqueceran a mensaxe Biófila de Xesús (as normas son para cumplir os obxectivos, se unha norma non te permite cumplir o teu obxectivo, quítaa). E remato con dúas citas que mostran isto:

"Entonces le preguntaron: ¿Está permitido sanar a un enfermo en sábado? Jesús les contestó: ¿Quién de ustedes, si tiene una oveja y se le cae a un pozo en sábado, no va y la saca? Pues ¡cuánto más vale un hombre que una oveja! Por lo tanto, sí está permitido hacer el bien los sábados"

Rompamos as reglas cando sexa positivo, e lembremos que a norma é para a persoa, non a persoa para a regla. Acaso as misas en latín son para xente con máis fe?

"Si tu mano te hace caer, córtatela: más te vale entrar manco en la vida, que ir con las dos manos al infierno.".

Aquí Xesús di que nos desfagamos de aquilo que nos dificulta na nosa madurez persoal. Aínda que nos doa, tanto como quitarnos un ollo, os cristiáns ao mellor deberiamos vivir sen igrexa.

Espero xerar debate. Sorte

8 comentarios:

  1. Yo siempre pensé que ser "cristiano" y "católico", eran cosas distintas, que nos hacíamos cristianos por el bautismo y luego la religión que adoptáramos era aparte´. Debo de estar equivocada, porque para no ser católica me hacen renunciar al bautismo, y que conste que a mi el bautismo no me estorba, como tampoco me estorba la figura de Jesús, como hombre, para mi entender fué un revolucionario de aquella época, lo mismo que luego fué el CHË, por eso, no entiendo porqué la I.católica me hace renunciar al bautismo si lo único que yo quiero es NO SER CATÖLICA.

    ResponderEliminar
  2. Xacobe: Tu reconoces que eres cristiano y practicante de lo que deduzco que eres de otra religión que no es la católica, pero es que Yo, no soy practicante ni quiero ser católica, pero creí, que cristiana me hacía por el bautismo, según lo estudié en el catecismo, y cual es mi sorpresa que para salir del listado católico, tengo que borrame como bautizada, si a mi el bautizo no me molesta, además creo en la figura de Jesús, porque para empezar era judío, no católico, y creo en él como hombre, como un revolucionario o sindicalista de aquel momento, al cual seguían las masas, pero no creo en nada de la Biblia, al contrario que tú, que sí haces referencia a ella, en fin,,,,que yo solo quería quejarme porque la ICatólica no me saca de sus ficheros y se armó la marimorena.

    ResponderEliminar
  3. Xacobe non sei si Apoias a Apostasia pero que nos apostillastes fijo...jejej
    Porque con tu escrito a mi personalmente me hundiste pocas cosas que podía decir del tema.
    Pero tranquilo que volveré y analizare el texto y algo diré...Que calladito no me quedare..
    Un saludo

    ResponderEliminar
  4. Carmen, eu creo na biblia así daquela maneira. Como aquel liberalista que usa unha cita de Marx para deslexitimar aos propios Marxistas.

    Coido que é unh libro co que se pode reflexionar moito e moi ben... de aí a darlle poderes divinos...

    Sobre o do Catolicismo e cristianismo. Resulta que o que pasa é que hai distintos tippos de cristianismo. O que pasa é que o bautismo da igrexa católica faite pertencente a ela e, polo tanto, tes que aceptar uns dogmaas.

    Non hai ritos comúns a todos os cristiáns, ou sexa, "legalmente" aceptados.

    Dicían nos comentarios do teu post que era coma a cidadanía, o malo é que teñen razón. O catolicismo compórtase como un estado e non coma unha relixión.

    Apóiote na túa apostasía

    ResponderEliminar
  5. Pero el problema de consciencia, es decir si sus padres creyeron que era lo correcto, ahora ella se borrar por una rabieta...
    Por que? que gana ?, realmente nada....
    Dice Carmen que así no cobran por ella.....
    Pues no lo se, pero no creéis que hay tiempo para hacer los cambios, es decir:
    Tus hijos ya pueden hacer (Mcarmen) porque tienen claro que no te molesta que lo hicieran, pero tu sabes realmente si a tus padres le gustaría...
    Yo pienso en el respecto a los mayores,como algo fundamental en unas sociedad,,,,, Se que pueden estar equivocados, pero los cambios son poco a poco...no creeís.....
    Un saludo....

    ResponderEliminar
  6. A ver. Por partes.
    Primero, Carmen, el bautismo es un rito católico, porque no hay ritos cristianos. Hay religiones cristianas. Se entiende,¿no? O sea, los protestantes no hacen la primera comunión ni bautizan a bebés y son cristianos. Así que bautismo = iglesia católica.
    A mí tampoco me molestan los cristianos, ni los católicos, ni nadie, mientras respeten a todo el mundo, porque ni Ratzinger ni Alí Jamenei me van a decir cómo debo vivir.
    Pero que no quiero estar nominalmente en la I. Católica porque NO SOY CATÓLICA; es (salvando las distancias) como si mi padre me hubiera hecho socia del Celtar al nacer y yo soy del Betis, no quiero seguir, me tienen que borrar y ya está.
    Segundo, Novato. Seguro que tus padres también te educaron para casarte y no veo que les hagas caso. Las cosas no son buenas porque siempre se hagan de la misma manera; de hecho, o evolucionamos o morimos. Y los cambios deben ser más rápidos cuanto más rápida es la sociedad en exigirlos.
    ¿Y si las costumbres de tus antepasados hicieran que te castraran de pequeño? ¿O que a tus hijas les practicasen la ablación? ¿Te parecería necesario respetarlas?
    Yo enterré a mis padres por el rito católico porque lo eran y practicaban, pero ¿qué tengo que ver con eso?
    Y no les falto al respeto si vivo como pienso; les falto al respeto si les obligo a vivir como pienso yo. ¿Lo vas a hacer con tus hijas, obligarlas a lo que quieras tú?
    No entiendo tanto conservadurismo para unas cosas y tanta modernez para otras.
    Tercero: para todos. Informo a quien no lo sepa que a los apóstatas NO SE NOS PUEDEN CELEBRAR OFICIOS RELIGIOSOS, afortunadamente, así que si palmo, lo que sobre de la póliza por no pagar cura ni coronas ni coches ni nada, que se gaste en cerveza.
    Y si queréis música, en vez de cantar el cura, que es un aburrimiento, me traéis un coro de gospel, que son muy divertidos. Aunque estaré incinerada y no me voy a enterar, así que...

    ResponderEliminar
  7. Por certo, xacobino: chapó polo coñecemento do asunto do que falas. E polo punto de vista. Non serás un cura reformado, eh????? Jjajajaja

    ResponderEliminar
  8. Teño entendido que é difícil renegar da relixión católica. Danche mil voltas para ó final deixarte igual sen que che borren do libro ou mesmo bórrante pero cun comentario a pé de páxina. Esta semana fun ver Ágora e debo dicir que é moi interesante porque fala de cando o cristianiso comezou a ser relixión dominante, de cando se comezou a beatificar a "santos" e si escríboo con comiñas porque de santos non tiñan nada.

    ResponderEliminar

Participa:Necesitamos tu ayuda

Comenta, queremos hacer es Blog se uno de los mejores Blog de Vigo (PONTEVEDRA), pero si quieres escribir entradas
Sin necesidad de ser un experto, solo queremos que escribáis de los que os guste.. Música,Deporte,Noticias,Amor, Vigo, lo que queráis.
Si lo prefieres puede enviar un correo a: