Nos comentarios da miña última entrada, falouse de que o capitalismo cubría as necesidades básicas, e que creaba outras novas... Ben, non estou dacordo, non cubre as necesidades básicas!
Empecemos por definir necesidades básicas: Estas son alimentación (Comida bebida e aire), de seguridade, de afiliación, de autoestima, de autorrealización. Isto segundo a teoría de Maslow na que hai que cubrir as primeiras para continuar coas seguintes.
Ben. Empecemos pola alimentación. A nosa alimentación viaxa unha media de 2000 kilómetros. Na Galiza consumimos patacas de exipto, leite francesa, mel chilena e platano de canarias. En definitiva, productos non frescos feitos coa suor de persoas explotadas que o mercado premia polo sinxelo feito de estar nun supermercado e que, polo tanto, non premia e obriga á súa desaparición nos mercados locais, ou o que é o mesmo, paro para quen facía productos de calidade ao lado da casa. Visto o desastre laboral, social, e ecolóxico (porque o transporte dos alimentos é o que máis contamina) producidos por productos que o mercado regula á alza, vamos a demostrar que tampouco cubren a necesidade básica.
Os tranxénicos producen efectos aínda non analizados, incluso perigosos e creador de cancros e de tumores como estamos empezando a ver. Hai incluso teorías do autismo baseadas na alimentación con conservantes e colorantes (cousa que non aumenta o valor nutricional), e incluso se nos venden alimentos hiperprocesados coma hipersaludables polo que é máis san tomar actimel que un pote de caldo que, por certo, ten máis proteínas, hidratos e vitaminas que un actimel (que incluso pode xerar dependencia por parte das defensas...)
A parte da merda que hai nos productos, o mercado non garante isto para todos. Moita xente que nos está a producir alimentos, non pode sequera comprar o alimento que produce. E o que pasa é que a demanda é inelástica, isto significa que por moito que suba o prezo, vai haber un mínimo que sempre se vai vender, polo que o prezo dos alimentos pode subir de xeito impresionante sen que os consumidores deixemos de premiar ese producto, incluso, se outros consumidores con menos poder adquisitivo non poden. É o exemplo do neno que morre de fame mentres a home dalle leite ao seu gato.
O resto das necesidades, temos que dividilas en forma de cubrilas e presións. Unha presións é unha necesidade exacerbada polo ambiente, por exemplo, a necesidade de moza dun raparigo do que todos os seus amigos teñen moza. Ben, o mercado crea presións, exacerba necesidades, pero logo non as cubre.
Por exemplo, en seguridade. Vemos como os seguros prácticamente evitan que morras se tes un accidente, as alarmas de casa ou seguridade ao conducir. Agora ben, a seguridade ao conducir ven de conducir a modo, e a seguridade cidadá dun sistema social que evite a pobreza e dunha policial ben organizada.
Na afiliación vemos como os amoríos defínense por usar axe e non por ter habilidades sociais. Ser simpático non depende da marca da roupa, a roupa é importante, pero "Mayoral non fai amigos".
Na autoestima vemos os coches ou as xoias como principal fonte de autoestima, ou incluso, no feito de ir a unha viaxe pode definir a túa autoestima. Xa é o peor cando entramos en que para a autoestima necesitas un corpo dez par ao que tes que tomar desnatados BIO ou se queres gañar o partido de baloncesto tes que tomar un composto de cacao con camomila hiperenerxética.
E por último, cocacola es la chispa de la vida, todo se soluciona con cocacola e se chegas o 345 anos coma o home do anuncio que sigue tomando cocacola e grazas a iso ten unha vida plena, pois mellor.
En definitiva, na nosa sociedade hai cada vez máis transtornos psicolóxicos, pero deben ser polos rae seguridadios lunares porque outra explicación non hai.
miércoles, 28 de octubre de 2009
O mercado e as necesidades básicas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Participa:Necesitamos tu ayuda
Comenta, queremos hacer es Blog se uno de los mejores Blog de Vigo (PONTEVEDRA), pero si quieres escribir entradas
Sin necesidad de ser un experto, solo queremos que escribáis de los que os guste.. Música,Deporte,Noticias,Amor, Vigo, lo que queráis.
Si lo prefieres puede enviar un correo a:
Xacobino perdona por comentar pero tu reflexión traen tanta información que me lleva un tiempo analizarla, y creo que se te olvido poner Tiempo en esa lista de necesidades...jeje
ResponderEliminarVolveré te lo prometo....
Cando falo de cubrir necesidades e de crear outras, obviamente falo en xeral, non da nacionalidade da uva. Claro que eu non sei tanto de teoría económica nin podo poñer aquí os nomes de ilustres economistas (ou non quero), pero si digo que unha vez temos teito e comida, empezamos a necesitar outras cousas. E logo cousas superficiais (de marca, en cantidades asombrosas, de moda, de....)
ResponderEliminarE así ate o infinito, porque os empresarios (capitalistas, claro) xeran esas necesidades, porque deso viven. E cando falla piden axuda aos bancos, que fan falcatruadas, e piden axuda ao goberno, é dicir, A NOS, cos nosos impostos. Xa que non consumimos bastante, pagamos as débedas.
Non fai falla ir ás nacionalidades de nada. Esto é global.
De agicultura, aditivos e outras guarradas falamos outro día, que agora estou a almorzar...
Isabel que te aproveche, jejeje..
ResponderEliminarEstoy de acuerdo en las necesidades creadas por los Capitalistas, pero estas si son reales se mantienen, sino desaparecen, no duran en el mercado...
Por eso digo que el mercado o regula todo, tarde o temprano...
Pero las necesidades de que mantienen es simplemente por calidad de vida, es decir un ejemplo:
MOVILES Estos empezaron con una campaña y simplemente como un articulo de lujo, pero ahora creo que se convirtió en algo necesario....
Por supuesto que no son las misma necesidades para Europeo que para Africa pero es falta de calidad de Vida...
Si os dais cuenta esto es una BOLA , que una vez empieza a girar no de parar.....
Ollo.
ResponderEliminarHai necesidades coma os coches, que non aforran tempo, contaminan e quitan calidade de vida. Pero dan sensación de control (de horarios) e de estatus...
Non son as necesidades reais as que se manteñen, se non as que teñen aceptación no mercado. Son as mesmas? Non.
Creo que en eso te equivocas Xaco, son las reales las que quedan en el MERCADO .
ResponderEliminarEjemplos:
Cocacola jeje te doy pie a atacarme,,,,
Leche Brik quito del mercado a Leche de Bolsa por comodidad y otros...
Email esta quitando la carta tradiccional...
y muchas más si quieres...
Eso si luego hay dentro de esas necesidad los excesos y estatus.
As necesidades non son o que estades a falar, as necesidades como tales case estan cubertas, logo queremos mais e mais xa non nos conforma o yate e queremos avión privado, xa non nos chega xantar na casa que queremos facelo nuha estrela michelin e asi nos vai,,,e cando nos acostumamos a este tren de vida hai que meter as mans na caixa e de ahí ven a corrupción.
ResponderEliminare-mail é gratuito, por exemplo. Non entra no concepto de mercado.
ResponderEliminarElexir non é mercar.
Email Es una o será una necesidad, y de gratuito nada, que no le cueste al usuario no es gratuito, tu en la entrada nombras como necesidades básicas el Oxigeno (aire), ¿es gratuito?
ResponderEliminarA ver. Separemos o trigo da palla.
ResponderEliminarA seguridade social tamén costa pasta, e para os usuarios tamén é gratuita.
O mercado ríxese por leis de oferta e demanda porque é preciso poñer prezo ás cousas. Pero as cousas que teñen propiedade ilimitada ou semellante, non se axustan ao mercado.
O aire non se pode regular como ben de mercado. Primeiro, porque non se pode considerar propiedade de ninguén, e segundo, porque non se nos pode cortar a respiración se non pagamos. En cambio, as emisións de CO2, como agora se limitan, se poden regular polo mercado.
Outro exemplo, o mantemento dun parque privado e dun parque público é similar. Ir ao parque é necesidade? Pois algúns pagarían por entrar no parque, pero outros moitos non irían de non ser de balde.
As necesidades son as descritas por Maslow (por usar unha teoría) e teñen un carácter motivacional. Ou sexa, que invertirías nelas (cartos, esforzo, tempo... non todo é capital). Agora ben, e aquí está o grave:
"O mercado usa a parte motivacional das necesidades para funcionar, e non se ocupa de cubrilas, sendo incluso máis útil non cubrilas xa que de non ser así. o poder motivacional das necesidades será inferior."
Os productos que permanecen no mercado son os que semellan cubrir necesidades que non cubren. Barriñas dietéticas que non adelgazan, por exemplo, se a persoa pensa que é o único xeito de adelgazar, se se lle reforza por comelas, e aínda por riba, mantén a necesidade de adelgazar... ese producto vaise manter a pesares de non cubrir necesidade ningunha.
hhh0ooooola
ResponderEliminary
aaadddddiossz