viernes, 23 de octubre de 2009

Os ricos tamén choran

Vou escribires con coñecementos prestados. Ou sexa, coa historia doutra persoa. Só dicir que é real, verídica, e podemos ver que o capitalismo é malo para todos e todas. A historia comeza nunha familia de dereitas, unha rapaza educada no capitalismo e no estilo de vida medio-alto acaba entrando nunha escola de negocios. Na graduación desta rapaza só unha persoa falou en galego, un escocés, o resto, e a pesares de que a escola é dunha empresa galego, falaron nun castelán perfecto, sen acentos nin nada que lles rebaixara categoría. Xa con este tipo de evento vedes que tipo de educación deberon recibir. Pois o bo vestir era indispensable, así como as ideas de dereitas, xa que era o ostracismo o espazo reservados para eses "comunistas", por lóxica, é un sitio que respecta a liberdade de expresión e o pensamento crítico... ou non, da igual, para os negocios iso non se precisa, e precisamente son iso, negocios. Resulta que os de boas notas e os máis capacitados saen xa con traballo (supoñemos que o comunista este estará en paro). Os soldos rodan os 2.000 euros o cal compensa a millonada que gastaron na escola de negocios (que a xente que leva traballando máis tempo e sen cartos para esa escola... en fin... son uns envexosos). Polo que saes con traballo, bo soldo, experiencia... todo idílico. Pero o capitalismo non da máis do que recibe. Unha das aprendizaxes da escola que van a lume é o compromiso coa empresa que te contrate. E iso é aproveitado pola empresa dun xeito demencial. Xornadas de 12 horas que, de non cumplirse, estarás mal vista e co risco de perder ese ascenso que te libere de traballar as 12 horas, ou peor, de perder o teu emprego. ¿Sindicato? Non... a forza do sindicato radica en que todos e todas as traballadoras estean dentro e fagan forza. Unha soa persoa no sindicato será mal vista e elevada á lista negra polo que ata pode non volver ser contratada nunca máis. Os directivos son xente nova porque non se aguanta este ritmo, e a primeira carga familiar implica o abandono obrigado xa que outra alternativa é o abandono real dos fillos. E estas empresas, en convenio coa escola, o ten moi ben montado. Os gastos de busca, selección e formación do persoal son elevados, para ser eficaces. Estas empresas precisan de xente formada e con ganas de traballar. Asi, a escola de negocios cobra unha millonada aos aspirantes a un posto por buscalos, seleccionalos e formalos e afórralle os cartos á empresa. Isto lle permite ter a xente nova, con ganas e experiencia (e que saben específicamente o que teñen que facer) polo que son efectivos 100% dende o primeiro día. O soldo é grande, si, pero se o divides entre as horas traballadas convírtese nun normaliño, e con menos xente contratada (e máis horas traballadas) aforras gastos de coordinación. ¿Se se queiman? Da igual, outra nova remesa de xente nova e con ganas de cobrar moito e sacar rendabilidade aos cartos que sacaron está en camiño. Así se aforra en trienios. Ademais nunca despides, vanse eles. A alternativa desta xente unha vez queimada e que deixa o traballo? Intentalo noutra empresa de "menor prestixio" pero que teña un bo horario e estas cousas, ou facerte a túa propia. De calquera xeito, estas empresas deben gastar en buscar, seleccionar e formar ao persoal, e se queren ter a mesma eficcia que a anterior, contratar a máis xente e invertir en coordinación. Partindo de que a anterior non ten estes gastos polo que pode cobrar menos, e aínda por riba, ten xente nova e ben vestida... a competencia é a competencia, e segundo as leis do mercado, unha debería desaparecer... Agora pensemos en que bo é o capitalismo. Éste é o capitalismo en estado puro. Calquera "pero" faría que non fose capitalismo.
Moita sorte

Reflexiones de Xacobe

10 comentarios:

  1. Xaco, se que controlas más, se que eres inteligente, para llamar no te bases en eso para atacar al Capitalismo Puro y duro...
    Sabes perfectamente que sucede lo mismo en otra instituciones que no son capitalistas, porque las preferencias existen en todos lados....
    Luego dice que esos jovenes trabajan 12 hora por un sueldo que no es tan bueno como parece (2000€)...
    Son horas, pero hay muchos camareros que curran bastante mas y cobran menos...
    Eh! si deberían cobrar más, pero te pregunto como si las cafetería no les da para más...
    Todo en esta vida es economía, llámala como quiera capitalista o socialista... Al final es eso economía...
    Y esta corregirá el mercado, por lo que esa escuela de negocios,cobrará mientra hay mercado para ello, y el mercado es esas empresas que necesitan trabajadores formados.. (Sencillo)
    Los trabajadores trabajaran mientras les haga falta, o no encuentre algo mejor...(Sencillo)
    Pero porque renegar del Capitalismo si realmente este se encargara de que la economía corrijiendoese...
    ¡Joder! que rollo patatero me monte,,,jejej

    ResponderEliminar
  2. Iso de que o mercado regulará... mira que ben regula... que con este modelo as empresas poden continuar.

    O mercado regúlase no sentido en que a xente acaba elexindo o que quere e o que non. Pero isto baséase nun engano sistemática, polo tanto, o mercado vese impotente para atallalo.

    Iso do mercado como regulador é un dogma de fe moi extendido. E digo dogma de fe porque está máis preto da oratoria do cura que do libro do científico.

    ResponderEliminar
  3. Xaco, regula, regulará, no es dogma de fe extendido, es algo que lleva siglos sucediendo, ten en cuenta que el mercado es nuestras necesidades, y si estas crecen por un lado, este crece por ese lado..
    Es sencillo de entender.
    Cuando nosotros compramos algo y no nos convence, no volvemos a comprarlo, y el mercado castigará ese producto...
    Cuando sucede lo contrario el mercado premia ese producto.
    Y cuando mercado premia demasiado un producto por encima de su valor (especulación) nosotros no lo compramos...
    Sencillo ¿No crees?
    Te repito no castiguemos al Capitalismo por un Pecado humano AVARICIA

    ResponderEliminar
  4. El capitalismo es un modelo totalmente agotado, ya no hay más mercado ni más necesidades básicas ni más ... nada que vender.
    Hay crisis, gente descontenta y mal pagada (no conozco a nadie feliz con su trabajo y su sueldo, gracias si llegan a fin de mes, y ya no te digo nada los que hace un par de años que no encontramos curro), por más formada y experta que sea.
    El sistema devora lo que produce, y lo pagan los trabajadores, nunca los capitalistas.
    Pero para qué voy a hablar yo de lo que han escrito cientos los enconomistas de todas las facultades de todas partes...
    el modelo hace crack, y si no lo vemos ahora es que no lo veremos nunca...
    Ah, lo mismo pasa en los medios de comunicación, sólo que se llaman becarios y en vez de buenos sueldos cobran miserias del tipo de 200 euros... ¿cómo te van a pagar a ti un sueldo si la gente curra por esa desgracia de salario?
    Ay, capitalismo...

    ResponderEliminar
  5. Como siempre me encuentro solo en mis ideas,como siempre debo ser el único en una forma de pensar, pero eso no quiere decir que sea yo el que este equivocado,os recuerdo que a los mayores idealistas de la historia no fueron reconocidos en el momento..jejje
    Hola Isabel, que me olvidaba...
    Dices que no hay:
    ya no hay más mercado ni más necesidades básicas ni más ... nada que vender
    La verdad, como lo haces porque mi vida esta llena de necesidades y cosas para comprar
    Quiero poder hacer como tu no tener necesidades jejej

    ResponderEliminar
  6. Digo que no hay más necesidades básicas que vender, porque las básicas están cubiertas, por lo menos en este parte del mundo; comemos, tenemos techo, esas cosas... Las demás son bastante accesorias aunque nos gusten.
    No hay nada más que vender; lo digo porque está todo inventado y más que inventado; ¿sabías que hay restaurantes que venden platos vacíos para la gente que está a dierta y cobran como si vendieran comida? Me refiero a esas cosas.
    El capitalismo ha inventado cientos de cosas imprescindibles, desde los pendientes hasta los ipods pasando por... yo qué sé...
    De eso hablo. Y de que esa máquina se devora a sí misma porque, si no compramos, no funciona el mercado, y si no funciona, hay crisis, no ganamos dinero y no compramos...
    Llega un momento en el que necesitas cada vez menos cosas.
    Idealista... Bueno, yo ya fui, se cura con el tiempo.
    Y lo que nunca entenderé es que gente trabajadora sea de derechas y procapitalista, de verdad, es que me fascina... un día me lo explicas. ¿O vives de rentas y yo no estoy enterada?

    ResponderEliminar
  7. Novato. Non regula ben. Ou sexa, se un producto é premiado polo mercado, pode ser por ser barato e de mala calidade (exemplo, camiseta de zara) feito por persoas que dependen dese posto de traballo (cooperativas de traballadoras sen seguridade social, tendo que comprarlle o fío a inditex, con xornadas laborais non reguladas...)

    Ou sexa, se premian unhas cousas no mercado que se desprecian no proceso de fabricación. E como hai falta de transparencia (condición sine qua non do mercado libre) o mercado non o da regulado.

    A avaricia é o pecado do capitalismo. Sen avaricia non sería capitalismo.

    ResponderEliminar
  8. Sobre as necesidades básicas. Vos contesto noutro post....

    ResponderEliminar
  9. Xacobino, me dices que la avaricia es un pecado del capitalismo, no creo, es PECADO de la HUMANIDAD ya que humo y hay muchos comunistas avariciosos, al igual que hay Capitalistas desprendidos...

    ResponderEliminar
  10. pero o sistema capitalista perxudica aos desprendidos, por ser menos competitivos...

    A ver, pagar salarios xustos é un signo de pouca competitividade...

    ResponderEliminar

Participa:Necesitamos tu ayuda

Comenta, queremos hacer es Blog se uno de los mejores Blog de Vigo (PONTEVEDRA), pero si quieres escribir entradas
Sin necesidad de ser un experto, solo queremos que escribáis de los que os guste.. Música,Deporte,Noticias,Amor, Vigo, lo que queráis.
Si lo prefieres puede enviar un correo a: