Esta mesma Euxenesia é a que practica o mercado. Nos mercados existen grandes empresas fortes con multitude de prácticas que os fan "Competitivos". A lóxica do mercado fala da "selección natural" no sentido de que os máis competitivos prevalecen sobre os máis febles. Isto incluso chega a ámbitos políticos e análises da crise onde o problema está "na falta de competitividade das empresas españolas" o cal, lendo entre liñas, acaba sendo que ou somos competitivos, ou nos extinguiremos coma os dinosaurios.
Non son un purista do uso dos idiomas, pero sei ben que o seu uso dun determinado xeito modifica as opinións e ata manipula. Se podemos dicir Armas de destrucción masiva en lugar de Armas nucleares, e se falamos de danos colaterais en lugar de morte de inocentes, deberemos dicir que A selección natural darwinista non é a supervivencia do máis forte!. E o digo porque a selección natural, é a supervivencia do máis adaptado.
Se fose a supervivencia do máis forte, teriamos que fuxir na actualidade deses fortísimos Tiranosaurios Rex que tanto medo daba en Jurasic Park, e a evolución crearía unha especie de Gozzila que nos dominaría a todos. En cambio, os mamíferos, comemos menos, e somos capaces de regular o noso calor corporal, non somos máis fortes, somos máis adaptados. Ante unha escasez de alimentos, morrerá antes Gozzila que calquera hamster caseiro. O problema é que Gozzila come moito e fará escasear moito os alimentos dos que necesitan menos, antes de morrer. Máis nos valería matar a Gozzila de fame porque ao cabo, vai morrer igual, pero de que coma máis ou menos dependerá que sobrevivamos o resto.
Pero disto non se deron conta no mercado, no que fan Gozillas baixo a idea de que esta é a única forma de supervivencia. Así están as grandes empresas petroleiras, as automobilísticas, os supermercados... Hai outras especies coma as pequenas empresas, cun coñecemento directo das necesidades do cliente e unha fidelidade por parte deste, que se aínda por riba, son ecolóxicas e pagan salarios xustos, serían capaces de superar calquera crise e mellorar.
A pregunta é, extinguiranse os Gozzilas antes de arrasar estas empresas? Ou extinguiranse despois? O que vemos é que non só se extinguiran despois (a destrucción é obvia: abandono do rural, modelo de supermercado, productos baratos de mala calidade, consumismo...) senón que os estados e os organismos internacionais pugnan pola supervivencia, case con osíxeno, destes entes inadaptados e perigosos.
Así que lembremos que estes Gozzilas comen pretroleo, e o petroleo remata (hai datos que indican que a producción de petroleo só pode baixar), os biocombustibles, que contaminan igual que o resto, precisan de moita extensión de terreo para cultivarse, en definitiva, que se deixa de facer comida para persoa por facer comida para coches... podería seguir, pero sería perderme.
En definitiva e como conclusión. EVOLUCIONEMOS. Adaptémonos á realidade e fomentemos o sostible. E se alguén quere seguir co modelo Gozzila... en fin, ao mellor os organismos que nos substitúan o farán mellor...
Reflexiones de Xacobe
No hay comentarios:
Publicar un comentario